UIAFA

UIAFA
DeporteFútbol
NomeUnion Internationale Amateur de Football Association
AbreviaturaUIAFA
Fundación18 de marzo de 1909
LugarParís, Francia Francia
Ámbitomundial

A Union Internationale Amateur de Football Association (en galego: Unión Internacional Afeccionada de Fútbol Asociación, UIAFA) foi unha asociación internacional de federacións de fútbol nacionais fundada en 1909 co obxectivo de xestionar e desenvolver este deporte no mundo.

Orixinalmente reuniu a federacións francesas, inglesas e bohemias, e encargouse da organización do Gran Torneo Europeo de 1911, unha das primeiras competicións europeas entre seleccións nacionais, celebrada 49 anos antes da Eurocopa 1960. O devandito campionato tivo lugar durante a Exposición Internacional do Norte de Francia en Roubaix, acadando a vitoria a selección de Bohemia.[1][2][3][4]

Aínda que se expandíu axiña a España, Suíza e Bélxica, a UIAFA foi perdendo influencia pouco a pouco ante o auxe da Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA), cesando a súa actividade en 1912.[5]

  1. "La Semaine Sportive". Dunkerque Sports (en francés) (143). 4 de xuño de 1911. Consultado o 27 de abril de 2023. 
  2. "Böhmen - der geheime Europameister". Wiener Zeitung (en alemán). 9 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2023. Consultado o 27 de abril de 2023. 
  3. Matthieu Delahais (9 de abril de 2020). "Quand Roubaix accueillait le premier championnat d’Europe, en 1911". Chroniques bleues (en francés). Consultado o 27 de abril de 2023. 
  4. "Grand Tournoi Européen (Roubaix) 1911". Rec.Sport.Soccer Statistics Foundation (RSSSF) (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2023. 
  5. "UIAFA". historiawisly.pl (en polaco). Consultado o 27 de abril de 2023. 

Developed by StudentB